«Con constancia e buscando o sitio consegues imaxes bonitas e distintas»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Unha fotografía súa da procesión de La Borriquita coas galerías e balcóns de Viveiro ao fondo verase polo mundo

10 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A habitual colaboración do fotógrafo Toño Goás (Galdo, Viveiro, 1970), quen está á fronte do estudo EntreFotos, coa Xunta de Confrarías dentro da Semana Santa viveirense vese ampliada agora cunha imaxe súa que dá vida ao cartel anunciador da edición do 2020 e que percorrerá toda España e parte do mundo. Vai camiño de facer os 50 anos que, como di, celebrará «profesionalemente» na Semana Santa viveirense.

-Que significa este traballo, sobre todo pola de difusión que representa a Semana Santa de Viveiro, difusión non só nacional, senón tamén internacional?

-É importantísimo. É un escaparate que está aberto a moitos sitios, pero o máis importante é que está aberto a Viveiro. O mercado que máis me interesa é o de aquí, da zona. Aínda que haxa unha proxección máis nacional ou internacional, interésame que sexa unha imaxe que se vai a ver en toda a vila. Entón, para min ten esa importancia...

-É como «orgullo local», non?

-Si, claro!

-Que quixo reflectir nesa imaxe ou como quixo traballala?

-Hai uns anos empecei a facer unhas tomas en contrapicado onde se aprecian moito as galerías e as rúas de Viveiro. O bonito, quizais, das procesións, é que pasan por rúas estreitas, por sitios onde realmente a xente se ten que apertar contra as casas porque non hai moito espazo para que pasen os tronos. Con estas tomas conseguimos que resalte máis a imaxe e o contorno que ao mellor toda a xente que está participando e vendo as procesións. Son tomas que empecei a facer e que me gustaron moito. Que pasa? Que as imaxes nunca paran onde ti queres, van parando en distintos sitios, e ás veces hai un cable do tendido de luz ou un farol que proxecta a luz no sentido contrario e non nos ilumina ben a imaxe... Hai moitos factores que ao mellor che prexudican, pero con constancia e buscando o sitio ás veces consegues imaxes distintas e bonitas.

-A nivel fotográfico e artístico, que pode achegar por exemplo a Semana Santa de Viveiro?

-Moitísimo! O que máis nos gusta é cando as procesións entran nesa hora entre día e noite, cando cae a luz. É unha luz moi bonita, xógase con moitas cores distintas. Non son moitos minutos, pero achegan moita beleza.

-Á parte da arte sacra que sae á rúa, tamén a imaxe dos capuchóns é unha icona moi fotografada, sen necesidade de reflectir a expresividade da persoa que o leva.

-Si. O que máis me gusta da Semana Santa son as imaxes co signo máis claro, o Cristo na cruz. As cruces, para min, son moi marcadas na Semana Santa e na relixión, e os capuchóns van seguidos... Son espectaculares!

-Dende cando colabora activamente coa Semana Santa de Viveiro coa súa profesionalidade?

-Xa dende hai anos achego imaxes tanto para Pregón como para o catálogo de man. A revista está moi ben encadernada, e as fotografías que se ven nela teñen moita calidade. Dentro da revista Pregón locen bastante.

-Cantos anos suma de fotógrafo e dende cando quixo dar o salto como autónomo en Viveiro?

-Saco fotos dende 1990, pero máis profesionalmente dende o 2014. Os meus primeiros comezos foron con Pablo Mariño; logo pasei a traballar con Foto Carlos (case 25 anos), e no 2014 empecei a miña etapa como autónomo.

-Ata hai uns anos o autor do cartel elixíase a través dun certame convocado pola Xunta de Confrarías. Agora, esta selecciona cada ano a un autor da zona. Que opina desta forma de escolla?

-Paréceme ben. É estupendo que boten man de artistas locais ou xente da zona que poida achegar unha visión distinta. Calquera opción penso que é boa.

-Como adoita acabar esas xornadas intensas de procesións?

-Acabamos moi cansos, non só por tanto tempo de estar de pé, senón tamén pola carga e o peso do material fotográfico.

Ayer empezó el reparto de 15.000 programas y 2.000 carteles por España y resto del mundo

La distribución de todo el material de difusión de la Semana Santa viveirense comenzó este mismo lunes. El cartel con la imagen de Toño Goás lleva los logos principales, de entidades colaboradoras con la Semana Santa de Viveiro y la Xunta de Cofradías como son el Concello de Viveiro (cuyo apoyo fundamental agradecía el presidente de la entidad José Veiga el pasado sábado en la presentación del cartel y del programa Adral), Abanca, Xunta de Galicia a través del Xacobeo 2021 y Deputación de Lugo. Se ha incorporado como novedad también el logo el de la Red Europea de Celebraciones de Semana Santa y Pascua creada en marzo del año pasado en Braga. En el programa de mano también aparecen los de Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) y Beiras de Viveiro.

Desde la Oficina de Turismo

Se han editado 15.000 ejemplares de programas de mano y 2.000 de carteles. «Á parte de repartilos pola zona da Mariña e Ortegal ou As Pontes e Vilalba, imos enviar mil carteis para o resto de España e do mundo, sobre todo para oficinas de turismo e centros galegos, así como a moitas confrarías», confirmó el presidente de la Xunta de Cofradías, José Veiga, ayer. «O peso máis grande da distribución lévao a Oficina Municipal de Turismo de Viveiro, que fai esa xestión de reparto», añadió. Recordamos que la Semana Santa de Viveiro está declarada de interés turístico internacional.