O desfile de Entroido de Viveiro repartirá máis de 5.500 euros en premios

A programación do Concello arrincará o xoves 20, de Comadres, e acabará o sábado 29 co Entroido en Galdo

Y.g.
viveiro / la voz

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández, presentaron onte a programación do Entroido 2020, que nesta ocasión se estenderá entre o 20 de febreiro, Xoves de Comadres, e o sábado 29, cando se celebrará o Entroido en Galdo. No medio haberá un bo número de actividades dirixidas aos viveirenses e visitantes de todas as idades. O venres 21 pola mañá terá lugar o desfile dos colexios por distintos puntos do municipio, como o centro urbano, Covas ou Celeiro. Ao día seguinte, sábado 22, desenvolverase o esperado Certame de Alpuxarradas no Teatro Pastor Díaz. Antes do Enterro da Sardiña, o mércores 26, celebrarase o Gran Desfile de Entroido o martes 25, que repartirá máis de 5.500 euros en premios nas diferentes categorías. O prazo para inscribirse remata o 20 de febreiro. Cada carroza recibirá unha axuda especial de 200 euros.

ALGÚNS ACTOS DA PROGRAMACIÓN: 

XOVES 20

•Juepeo especial e ceas de comadres amenizadas por cantos de taberna

VENRES 21

• Desfiles dos colexios por Viveiro, Covas e Celeiro desde as 11 da mañá

• Obradoiro de Entroido no Concello desde as 17 horas. Inscriben no 654 208 333

• Concerto da Orquestra de corda do Conservatorio (20 horas, Praza Maior)

SÁBADO 22

• Certame de Alpuxarradas (20.30 horas, Teatro Pastor Díaz). Entradas: 2 euros

LUNS 24

• Entroido miúdo desde as 17.30 horas na Praza Maior con bailes, xogos, maquillaxes, inchables e espectáculo Cantabaila a cargo de La Guagua

MARTES 25

• Sesión disco-vermú na Praza Maior e cantos de taberna desde as 13.30 horas

• Gran desfile de Entroido desde as 17.30 (saída desde a explanada da variante)

MÉRCORES 26

• Enterro da sardiña desde as 21 horas

SÁBADO 29

• Entroido Galdo (local social Trave, 22.30)

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O desfile de Entroido de Viveiro repartirá máis de 5.500 euros en premios