O cambio, a participación social


S e analizamos o contexto global, percibimos que estamos baixo un modelo neoliberal, patriarcal e capitalista dun mundo globalizado. Modelo que xera inxustizas e desigualdades sociais e culturais. E tamén domina ese modelo produtivo lineal de crecemento económico infinito, que fai que vivamos por riba das posiblidades planetarias. Se vivimos como un español medio, precisamos dous planetas e medio, mentres que se o facemos como un estadounidense xa falamos de 5 planetas. Como consecuencia vivimos unha crise que vai moito máis alá do panorama económico, trátase dunha crise sistémica e multidimensional, unha realidade complexa e interconectada con moitos factores. Crise de coidados, educativa, de valores, social, económica, cultural, de saúde e coa punta do iceberg a nivel mundial. Polo de agora estamos a tempo de remendar a desfeita. Xa hai quen está a facer moito por cambiar estes modelos predominantes. Máis interesa e moito o cómo se está a facer. E é aí onde unha das claves ven da participación social. E qué ven sendo esto? Existe unha diferencia entre a participación cidadá e a social. A primeira é a que se promove dende as institucións públicas, buscando eso mesmo, a participación e implicación da cidadanía. Sen embargo, a participación social fala doutras realidades. Non espera ao movemento das institucións, senon que nace da agrupación de persoas en organizacións para a defensa e representación dos seus intereses e da xustiza social. Di Dalai Lama «É a nosa responsabilidade colectiva protexer e nutrir á familia global, apoiar a tódolos seus membros e preservar o medioambiente no que todas vivimos».

Lucas Requejo é emprendedor social responsable do Espazo de «Econoloxía» en Radiovoz en Voces de Lugo (todos os mércores ás 10.40 horas)

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

O cambio, a participación social