Los dos Juzgados de Viveiro tramitan más de 12.000 escritos en un año

s. c. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Están desbordados y superan un 52% los módulos aprobados por el CGPJ

08 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Los dos Juzgados de Viveiro tramitaron el pasado año 2019 más de 12.000 escritos. Están desbordados y superan un 52% los módulos aprobados por el Consejo General del Poder Judicial y el Ministerio de Justicia.

«O incremento anual que veñen padecendo os xulgados do partido xudicial de Viveiro é evidente -señalan David Díaz y Marco López, miembros de la mesa local interinstitucional frente a la violencia de género-. Estes novos números hai que sumalos aos asuntos de exercicios anteriores que continúan activos, dándose a circunstancia de que no ámbito civil, por exemplo, existen execucións de sentenzas en vigor dende o ano 1993 (procedementos onde se están a practicar embargos de salarios ou pensións)», explican.

 Más personal

«Entre os anos 2003 e 2018, o Consello Xeral do Poder Xudicial establecía uns módulos de entrada de asuntos diferentes aos de rixen na actualidade. A modificación destes módulos de entrada xurdiu co obxectivo de fixar a carga de traballo “normal” dun xulgado e delimitar con claridade a partir de que intre resultan necesarios os aumentos do cadro funcionarial, os reforzos de persoal ou a creación de novos órganos. Anteriormente -añaden-, no eido civil o límite estaba en 380 demandas ao ano. Agora son 680. Antes, en penal, o límite eran 2.500 denuncias. Agora son 1.000. A razón desta última modificación á baixa na xurisdicción penal reside en que naquel entón os sobresementos dos atestados sen autor coñecido chegaban aos xulgados, mentres que na actualidade son arquivados de xeito directo polas Forzas e Corpos de Seguridade. Sen embargo, o aumento no límite na xurisdicción civil responde simplemente a un novo criterio político do Poder Xudicial».

Que los dos Juzgados están desbordados es evidente. «A nova norma di que cando se supere en máis dun 30% o módulo fixado, entenderase necesario establecer algún tipo de medida das arriba contempladas. En concreto, para os xulgados mixtos coma os de Viveiro especifícase que se deberá ter en conta o promedio de

Primeira Instancia (civil) e Instrución (penal), que no caso dos órganos xudiciais viveirenses supera nun 52,49% os módulos aprobados polo CXPX e o Ministerio de Xustiza, próximo a duplicar o 30% fixado polo propio Poder Xudicial. Debemos advertir que os módulos dos que estamos a falar unicamente miden a entrada de asuntos, non a tardanza en resolvelos que, por lóxica, é maior canto máis expedientes ingresan nos xulgados. Aí é onde a poboación residente no partido xudicial de Viveiro sofre as consecuencias dunha Xustiza excesivamente lenta».