A de camareiro, a profesión descoidada

Iago Rivas BUZÓN DEL LECTOR

A MARIÑA

Björn Forenius

07 feb 2020 . Actualizado a las 10:47 h.

Xornadas de doce horas, semanas e semanas sen librar, moitas horas de pé, salario mínimo, dor de pés e de espalda...

Festas da casa perdidas, bautizos de novos familiares, comuñóns, vodas de familiares e amigos ás que non se pode asistir, cumpreanos de avós, de pais e incluso de fillos. Dor que se leva por dentro, pero que os clientes reciben en forma de sorriso.

¿Por que? Porque non teñen a culpa de que escolleras a profesión máis fermosa do mundo, pero a menos respectada. Chegará un día no que o camareiro leve o mesmo respecto que un avogado; no que cando fagas espera na barra do bar, non protestes como o fas cando vas ao médico e esperas unha ou dúas horas a ser atendido.

Chegará o día no que teñamos as nosas xornadas de corenta horas semanais, e incluso algunha fin de semana libre no mes. Estamos no bo camiño, seino.

Ás novas xeracións

E ás novas xeracións, que entran neste mundo da hostalería, non teñades medo, aprendede, formádevos, innovade, mergulládevos de sabiduría en comedor, café, destilados...investide no voso futuro. Traballade para vivir e disfrutar da profesión, pero nunca vivades para traballar e menos sen ilusión.

Asinado: Iago Rivas, O carrexapratos. Traballador da hostalería