ODS... tamén nos colexios


Obxectivos de Desenvolvemento Sostible é o significado do acrónimo do título. Naceron o 25 de setembro do 2015, onde líderes mundiais adoptaron un conxunto de obxectivos globais para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todos como parte dunha nova axenda de desenvolvemento sostible. É unha axenda global a 2030 onde gobernos, sector privado e sociedade civil deben poñer da súa parte para alcanzar as 169 metas fixadas nos 17 obxectivos para os vindeiros 10 anos.

Existen gobernos, institucións públicas e tamén empresas que xa deron o paso para asumir e poñer o seu gran de area nesta tarefa que a todos nos compete. Máis todavía parece que son pasos tímidos na nosa comarca. Supoño que en grande medida por descoñecemento, aínda que me temo tamén por ter que deseñar novos camiños, todavía por explorar e imaxinar, coa incertidume que eso xera.

Respostas locais

Os obxectivos e as metas están dictadas dende a xeneralidade. O que se busca con eles son respostas locais en favor global, algo novo para quen agora xestiona. De aí a importancia de adicar tempo e enerxía na ensoñación e adaptación ao noso territorio. E máis todavía, a urxencia de trasladar esta mensaxe a quen vai herdar unha situación na que nada tivo que ver, como son as xeracións que agora habitan colexios. Cómpre pois, poñernos as pilas da sostenibilidade e artellar todo tipo de dinámicas, onde a participación activa e social sexa o punto de partida dunha comarca sostible que podan herdar cativas e cativos.

Así que se desexades saber máis sobre eles é tan sinxelo como poñer ODS no buscador, ler e sobre todo compartir para cocrear.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Tags
Comentarios

ODS... tamén nos colexios