«Outro récord: xa hai 1.050 tarxetas vendidas para a cea do Carnaval de Foz»

As ampliacións da Sala Bahía xa non son suficientes. O Concello contratou tamén unha carpa de case 1.400 metros cadrados para a gran festa deste sábado


FOZ / LA VOZ

Se hai unha festa en Foz que medre a pasos axigantados é o Entroido. E o mellor exemplo é o novo récord de vendas de entradas para asistir á cea de coroación da raíña, Andrea García Mondelo, que terá lugar este sábado 8, a partir das 22 horas na Sala Bahía, con animación musical a cargo de Disco móvil Eventec e Dani Rego dj. Frente ás aproximadamente 990 entradas vendidas no 2019 para esta festa, este ano superouse a cifra: «Bateuse outro récord: xa hai 1.050 tarxetas vendidas para a cea», explica o concelleiro de Educación, Cultura e Festas, Héctor Moris, quen precisa que aínda hai particulares ou grupos que as seguen solicitando. Teñen disponibles ata unhas 1.200.

—Acoller a tanta xente nunha festa require dun plan de seguride importante...

—Fixemos moito fincapé nesta edición na importancia de traballar nese asunto. Contratamos a unha empresa que nos fixo un plan de seguridade que, entre outros aspectos, fixa as saídas de emerxencia, as medidas legais da carpa que tivemos que instalar a maiores este ano para darlle acollida a todo o mundo... Somos rigurosos cumprindo a normativa porque consideramos que é unha aglomeración de xente nun espazo concreto. Haberá tamén vixiantes de seguridade e a maiores están avisados Protección Civil, Policia Local e Garda Civil.

—Como levan a montaxe da nova carpa?

—Estase ultimando a instalación eléctrica e tamén os detalles de iluminación e de decoración.

—Por que cre que esta festa, coa que se inaugura o amplo programa de actos do Carnaval de Foz, ten tanto tirón?

—É unha progresión que se constata nos últimos anos. Está subindo moitísimo a participación. Creo que é a festa por excelencia do concello e que está collendo un pulo especial. A xente segue querendo vir e cada vez veñen máis grupos de fóra de Foz.

—De que lugares?

—Ademais de todos os grupos, peñas, comparsas e particulares de Foz que compraron as súas entradas, tamén o fixeron peñas e grupos de Ribadeo, Vegadeo, Burela, Alfoz, Ferreira... de toda a contorna.

—É importante o desembolso económico que ten que facer o Concello para preparar esta infraestrutura e para financiar o plan de seguridade?

—É un investimento importante, pero ten unha gran repercusión nos negocios locais. Algo aporta o Concello, pero tamén hai que sinalar que o prezo da cea xa cubre bastantes gastos. Outra das cousas que estamos mirando tamén é que sexa unha festa sostible.

—E como se consegue?

—Faise cadrando cifras e que os orzamentos sexan o máis axeitados posible. Neste sentido, pedíronse varios orzamentos a nivel de comida, de orquestras e doutros servizos que prestamos. Déuselle a oportunidade a varias empresas e finalmente quedouse coa mellor oferta.

—Que lle recomenda ao milleiro de comensais que acudirán?

—Aínda que a gran maioría da xente xa vén, recomendámoslle que acudan todos disfrazados, con gañas de pasalo ben e recordándolles que todo está baixo control e a seguridade garantida.

—Como levan os trámites para solicitar que o Carnaval de Foz sexa declarado festa de interese turístico?

—Estamos intentando concluír o dosier e o personal municipal de Cultura está traballando a tope niso, aínda que esta semana frenámolo un pouco pola cantidade de traballo que temos. Ao informe vánselle engadir todas as novidades deste ano, como o acto público de elección da raíña.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Outro récord: xa hai 1.050 tarxetas vendidas para a cea do Carnaval de Foz»