A Deputación financia o transporte en bus de rapaces ó colexio Edes de Tapia

La Voz BARREIROS / LA VOZ

A MARIÑA

Aporta unha subvención de 12.000 euros

23 ene 2020 . Actualizado a las 21:26 h.

A deputada de Facenda, Mayra García Bermúdez, mantivo un encontro no local social do Concello de Barreiros con usuarios e usuarias da Asociación Ponte dos Santos, formada por familias con nenos e nenas con discapacidade da Mariña, unha entidade coa que a institución provincial colabora cunha achega económica de 12.000 euros para o transporte escolar.

No encontro, no que participou a presidenta de Ponte dos Santos, María José Sante Riopedre, a Deputada puxo en valor o traballo deste colectivo. Coa a axuda, a Deputación colabora cos gastos de transporte para que os rapaces poidan asistir ao colexio Edes en Tapia de Casariego, evitando que estean separados do seu entorno familiar.