José Tomé loa o esforzo e dedicación de Adrián Ben

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

O atleta viveirense foi recibido na Deputación

28 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, entregou este venres distincións a varios destacados deportistas da provincia, como é o caso do viveirense Adrián Ben. Tamén se recoñeceron os méritos dos monfortinos Saleta Fernández e Manuel Freire. «Os tres acadaron este ano grandes marcas nas súas respectivas disciplinas e levaron o nome da provincia polo mundo», sinalou a Deputación. José Tomé loou o su esforzo e dedicación e entregoulles un regalo institucional.

«Son consciente de que é necesario apostar máis polo deporte, pero estamos a poñer todo da nosa parte para que no futuro os nenos e nenas o teñan máis doado”, dixo o Presidente.

Adrián Ben foi sexto na proba de 800 metros no Campionato Mundial Absoluto de Atletismo celebrado en Doha, a mellor clasificación dun atleta español nesa marca de todos os tempos nun mundial.