En Viveiro estrean a película «Eroski Paraíso» e hoxe asistirá parte do equipo

S. CORRAL VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

JORGE PARRI

Na sesión das 19.30 horas estarán, entre outros, o actor Miguel de Lira e o produtor G. Boullón

20 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A película galega «Eroski Paraíso» xa está nas salas de cines de toda a comunidade e unha das cidades nas que se pode ver é Viveiro.

Eroski Paraíso naceu como unha obra de teatro creada pola compañía Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014) que, despois dunha xira de varios anos por España e de máis de 30.000 espectadores, os directores Jorge Coira e Xesús Ron deciden converter en longametraxe. O filme é unha comedia que explora a memoria colectiva, as voltas que dá a vida e a transformación das relacións nunha comunidade pequena. Baséase en historias reais que sucederon no Paraíso, unha famosa sala de festas de Muros que pechou en 1990 e que, ao cabo dos anos foi convertida nun supermercado Eroski. Trata sobre a xente -unha parella- que se coñeceu na discoteca Paraíso e que anos despois acaba traballando no supermercado, nese mesmo lugar, do Eroski.

Hoxe, venres 20, na sesión que terá lugar ás 19.30 horas nos Cines Viveiro contará con parte do equipo que participou na película (e tamén na exitosa obra de teatro), entre eles o coñecido actor Miguel de Lira e o produtor Gaspar Broullón.

Unha boa ocasión na entrada desta fin de semana navideña para ver unha comedia galega coa garantía do grupo Chévere e con actores moi coñecidos e un director, Jorge Coira, tamén premiado e que está na nova fornada de directores de éxito xunto con Óliver Laxe ou Xacio Baño.