Nova directiva do Centro Comercial Histórico de Viveiro constituída só por mulleres

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Dolores Pérez Santos continúa na presidencia

16 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Onte quedou constituída a nova xunta directiva que estará ó fronte da Asociación de

Comerciantes Centro Histórico de Viveiro durante os dous próximos anos.

A composición da mesma será: presidenta, M.ª Dolores Perez Santos (De Piti Deportes); vicepresidenta, M.ª Dolores Garcia-Salazar Martínez (De Dolotravel); secretaria, Mónica Irimia Villarmea (De Baühaus); tesoureira, María Ruth Adrio Monterroso (De Africa Copias) e vogal Montserrat Navarro Fernandez (De

Vermutería Sugar Rock).

Esta xunta está formada por mulleres, mozas empresarias de distintos sectores, comercio, hostalaría e servizos. Os novos membros chegan con ilusión e ganas de traballar polo comercio e a hostalaría de Viveiro, sobre todo para dar continuidade á única asociación de comerciantes que existe no centro de Viveiro.

Os obxectivos iniciais «pasan por seguir co bo labor que se viña realizando para tratar de dinamizar o sector comercial de Viveiro», e avogan polo mensaxe da unidade: «Só un comercio unido e comprometido poderá seguir sendo punteiro na comarca», expoñen.

O primeiro será unirse á campaña de Viveiro en Negro e despois organizar a

campaña de Nadal