O BNG denuncia que chove dentro do colexio Virxe do Carme

s. c. / d. g. BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Demandan á Xunta que actúe coa máxima rapidez

15 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

 O BNG de Burela denunciaba onte que está a chover dentro do colexio Virxe do Carme. Os nacionalistas demandan á Xunta, nomeadamente á Consellería de Educación, que actúe coa máxima rapidez.

«Queremos amosar a nosa preocupación e indignación polas imaxes que nos chegan no día de hoxe do CEIP Virxe do Carme. Despois de levar meses escoitando por parte do PP a inversión da Xunta no colexio dos Castros, observamos estupefactos como despois das reformas realizadas, está a chover dentro das instalacións deste colexio», explican.

«Esiximos á Xunta de Galiza -engaden- que actúe de inmediato para solucionar os desperfectos e as deficiencias no centro e aos responsábeis políticos do PP que dean explicacións sobre estes feitos. Do mesmo xeito demandamos tamén do alcalde, Alfredo Llano, que se poña mans á obra e se interese polo estado do centro e exixa solucións por parte da Consellaría de Educación», conclúen os representantes do BNG.

Nas imaxes vese parte do falso teito caído, na zona dos lavabos, e tamén parte do chan inundado e outros desperfectos.