No IES Monte Castelo lembraron onte ao alumno de 13 anos falecido

s. c. / d. g. BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Leuse un poema na súa memoria e gardouse un minuto de silencio

09 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Onte, venres, no IES Monte Castelo de Burela tiveron un acto en lembranza de Iker Fernández, o alumno de 13 anos que faleceu esta semana. Foi sinxelo, pero moi sentido e emotivo. Leuse un poema na súa lembranza e gardouse un minuto de silencio por Iker Fernández, «logo dunha semana moi difícil na que se sucederon diversas iniciativas para lembralo», indicaban.

«Queremos con este xesto amosar o cariño e a solidariedade de toda a comunidade educativa coa súa familia e compañeiros.

Dende o centro educativo queremos dar as grazas tamén por tódalas mostras de condolencia e apoio recibidas dende numerosas persoas e institucións», expresaban nun breve comunicado.

O falecemento deste neno de 13 anos conmocionou non só aos seus compañeiros e profesores, senón tamén a toda a comunidade. A súa morte, como xa se ten informado, debeuse a unha parada cardiorrespiratoria. A familia tamén recibiu moitas mostras de ánimo e apoio.