Trinta turoperadores conocen a Ruta da Faba e este sábado hai unha saída para todo o público

La Voz LOURENZÁ / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Visitan hortas polo val, os muíños e hai unha degustación no Pazo de Tovar

30 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Trinta profesionais do sector turístico participan ao longo do día de onte nun Fam-Trip á Ruta da Faba. A xornada deu comezo no Centro de Interpretación da Faba coa benvida que lles deron aos participantes a alcaldesa, Rocío López; Paloma Vázquez, xefa de Área Provincial de Turismo en Lugo; e o presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Alfredo Llano.

A acción foi organizada pola

Mancomunidade, ao amparo do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. «A Ruta da Faba é unha iniciativa extraordinaria que se reparte en varios aspectos como a gastronomía porque ven as diferentes propostas para preparala e como se cultiva. Tamén visitan a

paisaxe de todo o val de Lourenzá, onde está cultivada a faba, os muíños, o Pazo de Tovar, onde se fai a degustación gastronómica, e a igrexa de Lourenzá con toda a súa historia e o seu patrimonio. Esta visita non soamente é algo ecolóxico para valorar o cultivo da faba, senón que se complementa con todos os recursos que hai na zona para motivar á xente a que visite a zona de Lourenzá e da Mariña», señala A. Llano.