El concierto que se negó a dar Xabier Díaz en Mondoñedo trae cola

La Asociación As San Lucas responde al reconocido músico y aclara lo sucedido


mondoñedo / la voz

El concierto que no llegó a dar Xabier Díaz, acompañado de As Adufeiras, en As San Lucas, en Mondoñedo, sigue trayendo cola. El reconocido músico y artista explicó días atrás en un comunicado en Facebook que se negó a dar el concierto ante lo que consideró una falta de respeto al sentirse ninguneado en las pruebas de sonido, tanto él como as Adufeiras, por dignidad y por defender la música tradicional de este país. Xabier Díaz pedía disculpas al público y se ofrecía a dar el concierto en otra fecha.

La Asociación As San Lucas aclaró ayer lo sucedido: «Dende a Asociación As San Lucas, formada por mulleres e homes que traballan de maneira altruísta e comprometida por As San Lucas, as feiras e festas máis antigas de Galiza, buscamos que todo aquel que vén a elas se sinta ben acollido, as viva e as desfrute, sexa como visitante, comerciante ou artista. Por iso, tralo acontecido na última edición das Feiras e Festas das San Lucas, concretamente trala suspensión do concerto de Xabier Díaz durante o Festival Intercéltico, queremos aclarar o sucedido e lamentar a falta de veracidade no comunicado remitido polo artista».

«Enviamos este comunicado -añaden-, despois de agardar varios días, confiando en que Xabier Díaz reflexionase e rectificase as súas declaracións axustándoas ao acontecido e non levase o que é un problema persoal del ata algo tan bonito e histórico como son as San Lucas. De todos é coñecida a traxectoria da Asociación na defensa da lingua e a cultura galega. Nas últimas edicións das feiras e festas participaron, entre outros, artistas tan destacados como Carlos Núñez, Cristina Pato, Xosé M. Budiño, Susana Seivane e un longo etcétera. Co ánimo de mellorar cada ano, programamos para a pasada edición das San Lucas un Festival Intercéltico que se viu deslucido pola retirada motu propio pouco antes do inicio de Xabier Díaz».

«O festival arrancaba coa actuación dunha agrupación de gaiteiras e gaiteiros da Mariña (das agrupacións Misturas e Soutoximaro) ofrecida desde o alto das

torres da Catedral. Este inicio sen igual estaba previsto para as oito da tarde, pero atrasouse un cuarto de hora por mor das inclemencias meteorolóxicas e pola dificultade de acceso ás torres. De seguido actuaría Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, para poder dar cumprimento ao condicionado do seu contrato, no que se recollía que a súa intervención debía comezar antes das 22:30 horas, sendo o único artista que puxo horario para a súa actuación. Seguindo a escaleta do festival, o seguinte grupo en ofrecer o seu concerto sería Lúnasa, seguidos de Gwendal e pecharía Bras Rodrigo».

«As moi malas condicións meteorolóxicas por todos coñecidas -explican-, algún problema técnico de última hora, máis as probas de son con cada mochila vibratoria para que os asistentes con xordeira puidesen desfrutar dos concertos e que é necesario realizar con cada grupo participante, fixeron que fose acumulándose algo de atraso. Cando lles tocaba iniciar as probas de son a Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, que eran os últimos en facelo por ser os primeiros en actuar (procedemento habitual en tódolos espectáculos deste tipo), o desfase no horario era de non máis de 45 minutos sobre o previsto.

Debido a todos estes feitos relatados, púxose en coñecemento de tódalas agrupacións participantes no Festival Intercéltico das San Lucas que o inicio do mesmo posporíase para as 20:30 horas, media hora máis tarde do anunciado e que Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre empezarían a súa actuación ás 20:45 ou 20:50h ou se fose necesario mais tarde, non habería impedimento por parte da organización do evento. A disposición por parte de tódolos grupos foi excelente, agás por parte de Xabier Díaz, a pesar de que, aínda cos cambios, respectábanse as condicións que figuran no contrato».

«Na Asociación As San Lucas buscamos que todo aquel que vén se sinta ben acollido sexa como visitante, comerciante ou artista»

«1.- Cando Xabier Díaz decidiu irse, ás 19:17 horas, o número de liñas solicitado no contrato polo artista xa estaban instaladas no escenario para que comezara as probas, co seu técnico posicionado na mesa de son e rematada a proba do grupo anterior».

«2.- O tempo de probas de son do que dispoñía Xabier Díaz axustábase ao que figura no contrato (75 minutos) e podería rematar, como moi tarde, quince minutos antes do inicio do festival. Téñase en conta que todos aceptaron o atraso do comezo do festival», expresan.

«3.- Xabier Díaz declarou discriminacións sexistas que polo que respecta ao desenvolvemento deste evento É rotundamente falso. Ademais de Isabel road manager de Xabier Díaz e as Adufeiras, tamén estaban Belén, representante de Bras Rodrigo e as mulleres da súa banda; Miriam Aller, encargada das mochilas vibratorias CEO de Entresignos e Olaia, técnico de monitores. Ningunha manifestou sentirse discriminada, nin infravalorada. Ao contrario, todas agradeceron a profesionalidade dos diferentes sectores implicados no evento e o bo ambiente de traballo, onde todos arrimábamos o ombro e todos e todas eramos un mesmo equipo».

«4.- Na edición que vimos de celebrar das San Lucas programouse un festival de nacións celtas onde habería un representante de Galiza e outras tres nacións. Por Galiza decidiuse que o grupo invitado fose Xabier Díaz e Adufeiras; por Asturias Bras Rodrigo e a súa banda; por Irlanda, Lunasa e por Bretaña, Gwendal. Todos eles demostraron ser uns grandes artistas que o deron todo ao público congregado na praza da Catedral de Mondoñedo a pesar da choiva persistente chegando incluso a ampliar voluntariamente a duración das súas intervencións para encher o oco que deixou Xabier Díaz. Por decisión unilateral e persoal de Xabier Díaz, Galiza quedou sen representación, algo que causou gran desgusto á organización. A data da súa actuación era o 19 de outubro do 2019 antes das 22:30 horas, como estaba acordado, onde o seu público o esperaba ao lado dos seguidores dos outros grupos que aproveitaban para coñecer o seu traballo», concluyen..

Xabier Díaz: «Foi unha das decisións máis difíciles que tomei en 30 anos de carreira, por dignidade; o disgusto dura hoxe»

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

El concierto que se negó a dar Xabier Díaz en Mondoñedo trae cola