A Xunta anima a inscribirse para poder ser contratado nos novos obradoiros de emprego na Mariña

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

O proceso de selección do persoal participante desenvolverase do 30 de outubro ó 26 de novembro

23 oct 2019 . Actualizado a las 14:57 h.

A Xunta anuncia que o proceso de selección do persoal participante nos obradoiros de emprego financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria desenvolverase entre os días 30 de outubro e 26 de novembro.  O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo unha xuntanza á que estaban convocados representantes de todos os concellos promotores co obxectivo de coordinar as actuacións encamiñadas á contratación do persoal. En Lugo desenvolveranse 14 talleres que empregarán a 333 persoas: 272 alumnos-traballadores e 61  máis para as funcións de docencia, dirección e administración.

Na Mariña en concreto desenvolveranse tres obradoiros: Ribadeo alén do Camiño; Sendas de Burela, Cervo e Xove VI, e ‘Terras do Sor III’ (Ourol, O Vicedo e Muras), cun investimento de un millón de euros, seis concellos implicados e 74 contratos de traballo. O obradoiro de Ribadeo é de garantía xuvenil, dirixido especificamente a mozos e mozas menores de 30 anos e xa comenzou. Agora comeza a selección de persoal dos talleres duais, que terán unha duración mínima de 9 meses.

 Segundo se informou na reunión desta mañá, o procedemento de escolla do alumnado-traballador terá dúas fases: en primeiro lugar farase a selección polas oficinas de emprego e a continuación por un grupo de traballo mixto integrado por Xunta e concellos. Cada obradoiro fará públicas as bases reguladoras do proceso de selección nas propias oficinas de emprego e nos taboleiros de anuncios e páxinas web dos concellos promotores.

 O delegado territorial animou ás persoas interesadas a que acudan ás oficinas de emprego a solicitar a participación no obradoiro na especialidade que queiran. Terán preferencia para formar parte do alumnado aquelas persoas que teñan establecido ese tipo medidas no seu itinerario de inserción profesional; mulleres; colectivos en risco de exclusión; persoas que esgotasen as prestación ou subsidios por desemprego; persoas paradas de longa duración; maiores de 45 anos; persoas que carezan de títulos universitarios e de FP de grao superior;  persoas con discapacidade e persoas beneficiarias da Risga.

Na Mariña desenvolveranse tres obradoiros: Ribadeo alén do Camiño; Sendas de Burela, Cervo e Xove VI, e ‘Terras do Sor III’, cun investimento de un millón de euros, seis concellos implicados e 74 contratos de traballo.