Hoxe comeza en Lago unha nova edición da Tirada de Bolos Concello de Xove

La Voz XOVE / LA VOZ

A MARIÑA

CÉSAR CANCELOS

A competición cumpre 31 anos

19 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe sábado 19 de outubro, no Centro Social de Lago, vai

comezar unha nova edición, a XXXI, da Tirada de Bolos Concello de Xove, que no caso da Liga Sub 16 será a XX edición e a XI da Liga Feminina. O Campionato vaise desenvolver ao longo de 18 tiradas, rematando o 14 de marzo do vindeiro ano no Centro Social de Sumoas.

Onte, venres, houbo unha xornada de promoción dos bolos entre os estudantes do colexio Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.