A Mariña: A Mariña acolle unha nova edición do Mes da Maxia en 17 establecementos
A Mancomunidade de Concellos ofrece «unha alternativa diferente e atractiva baseada na maxia de preto e na gastronomía local»
viveiro / la voz
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza a oitava edición do Mes da Maxia que se celebrará do 25 de outubro ao 30 de novembro, a excepción da fin de semana do 1 ao 3 de novembro.
O evento, no que participan 17 establecementos hostaleiros coma restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense, presentouse onte na sede da Xunta en Lugo coas intervencións do presidente desta entidade, Alfredo Llano; do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; da axente de Desenvolvemento Turístico, Tania Hermida; do mago Teto; de Lucas Requejo, delegado da Fundación Ecotur; e de Antonio Graña, director do Parador de Turismo de Ribadeo.
Tania Hemida sinalou que «nesta oitava edición do Mes da Maxia, a Mancomunidade
quixo reforzar algúns dos obxectivos cos que foi posto en marcha aló polo 2012 este proxecto: que o Mes da Maxia sirva como elemento dinamizador e de promoción da Mariña ofrecendo unha alternativa diferente e atractiva baseada na maxia de preto e na gastronomía local».
Comentarios