II Certame dun teatro moi especial, «Superarte»


Onte tamén se presentou en Viveiro en rolda de prensa o II Certame de Teatro «Superarte», teatro feito por persoas con diversidade funcional. Está edición está dedicada ás persoas xordas.

Presentárono María Loureiro, Lara Fernández Noriega e Fabián Ben. Comezará o venres 25, ás 20.30 no Pastor Díaz, representarase «O garda da árbore dos desexos», a cargo do grupo de teatro da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña.

O sábado 26 pola mañá haberá un obradoiro de iniciación á lingua de signos, con prazas limitadas. Pola tarde seguirá unha sesión de contacontos e despois teatro a cargo da compañía teatral de persoas xordas El Grito.

As actividades continuarán o domingo cunha mesa redonda moderada por Elena Santos Cociña, directora de Aspanane e ás 13 horas na biblioteca haberá un concerto de EuSon Band. Todas as actividades contarán con interpretación á lingua de signos e todas serán gratuítas.

Están organizados máis actos dentro deste certame, «Superarte», pero non son abertos ao público. Son charlas no instituto María Sarmiento e proxeccións de curtametraxes en língua de signos para estudantes de ambos os dous institutos de Viveiro. Tamén haberá show de clown en Aspanane.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

II Certame dun teatro moi especial, «Superarte»