Viveiro ofrecerá unha homenaxe pública este venres na praza a Adrián Ben


viveiro / La Voz

O Concello de Viveiro está a organizar un acto de recoñecemento ao atleta mundialista Adrián Ben, que terá lugar este venres 18 de outubro de 2019, ás 20:00 horas, na Praza Maior.

Dende o equipo de goberno aníman a todos os veciños e veciñas a que se acheguen a esta praza para arroupar a Adrián Ben e mostrarlle o recoñecemento, gratitutude e cariño da súa vila natal polo grande éxito obtido no Mundial de Doha e pola súa grande valía, como deportista e ser humano. Ademáis de ser o sexto mellor atleta do mundo en 800 metros no Mundial de Doha e gañar o pase para as Olimpiadas de Tokio do próximo ano, o xoven atleta viveirense Adrián Ben lembrouse varias veces de Viveiro nas súas declaracións diante da televisión, e amosou o seu orgullo por ser desta cidade e deu as grazas a todos os que o axudaron nestes anos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Viveiro ofrecerá unha homenaxe pública este venres na praza a Adrián Ben