O Seminario Terra de Viveiro rendeu a homenaxe a Pastor Díaz

s. c. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Repuxo a coroa de bronce do ano 1911 na estatua dedicada ao poeta e político

22 sep 2019 . Actualizado a las 19:58 h.

Nunha xornada de chuvia os membros do Seminario Terra de Viveiro renderon este sábado homenaxe a Nicomedes Pastor Díaz. Foi pola tarde, ás 20 horas; repuxeron a coroa de bronce do ano 1911 na estatua que Viveiro dedica a Pastor Díaz na Praza Maior, ou Praza de Pastor Díaz.

O Seminario que preside Carlos Nuevo, tamén Cronista de Viveiro, repuxeron onte a coroa de bronce que enviou no ano 1911 a Sociedade Hijos del Partido de Vivero en Argentina. A coroa colocouse debaixo da placa, «onde estivo sempre», recalcaron dende o Seminario. Interviron Carlos Nuevo e Jesús Fernández, tenente de alcalde. David Bellas interpretou o himno do Antigo Reino.