Todos os centros de saúde do Sergas na Mariña recibiron novo material informático

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

19 sep 2019 . Actualizado a las 21:47 h.

O Sergas adquiriu novo material informático para todos os centros de saúde da Mariña. O novo material, formado por case 200 impresoras láser, permitiu renovar estes equipos en todos os centros de saúde da comarca. As impresoras foron instaladas no verán e neste mes de setembro están xa en funcionamento. A substitución destes equipos forma parte das medidas de renovación en canto a equipamentos informáticos, sanitarios, de diagnóstico e mobiliario en toda a provincia. Nunha segunda fase renovaranse todos os ordenadores, o que mellorará a calidade da atención ao paciente, «hoxendía moi vinculada á mellora da informática e das comunicacións», explica o Sergas.

Esta renovación súmase á que está a levar a cabo o Sergas na atención primaria da provincia, como a adquisición de holter de presión arterial, espirómetros, retinógrafos e diverso material de diagnóstico, así como material de mobiliario clínico, actuación que no seu conxunto suma máis dun millón de euros na provincia.