O Consello da Xunta autoriza a licitación das obras para mellorar a depuradora de Viveiro por 3,9 millóns

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

12 sep 2019 . Actualizado a las 20:53 h.

O Consello da Xunta autorizou este xoves a licitación das obras necesarias para ampliar a capacidade e mellorar a estación depuradora de augas residuais de Viveiro. Será cun investimento de 3,9 millóns de euros.

«O obxectivo desta obra -explican desde a Consellería de Infraestruturas- é levar a cabo as actuacións necesarias para conseguir un tratamento completo das augas residuais do núcleo de Celeiro e incorporalas á EDAR. Para logralo, necesitará ampliar ás instalacións para recibir o novo efluente, aumentando á súa capacidade e optimizando o seu funcionamento».

«Deste xeito -añaden-, podemos iniciar a contratación destas obras unha vez recibida esta mesma semana a documentación municipal necesaria para executar uns traballos de competencia municipal. Nos vindeiros días iniciaremos a contratación das obras contidas no proxecto de mellora das liñas de tratamento da estación depuradora de augas residuais de Viveiro».

Un prazo de seis meses

Estas obras dispoñen dun prazo de execución de 6 meses, que inclúen o período de posta en servizo en probas.

«Esta intervención é unha das tres actuacións deseñadas pola Xunta, para a mellora do sistema de depuración en Viveiro, cun

investimento total duns 7 millóns. En definitiva, trátase de dar solución a rede de Celeiro e da construción dunha nova condución de desaugue submariño que se conectará ao actual tramo terrestre existente», indican.

«Desta forma, a Xunta amosa a súa implicación polo saneamento

das rías galegas e reafirma o seu apoio aos concellos na súas competencias municipais, para o que segue a traballar de maneira constante co obxectivo de cumprir coas normativas europeas e lograr o saneamento integral das rías», conclúen.

En Celeiro, hai que lembrar, creouse unha plataforma veciñal en demanda do amaño do emisario submariño, roto desde hai tempo; amaño necesario e demandado dende hai anos.