O BNG pide unha ordenanza contra o ruído e pregunta se hai un plan contra a velutina en Viveiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Presenta mocións para ser debatidas en pleno

03 sep 2019 . Actualizado a las 20:45 h.

O BNG presenta unha moción para debate no pleno no que pide a elaboración dunha ordenanza de protección contra a contaminación acústica en Viveiro, especialmente no casco histórico. «Ordenanza na que se limiten as actividades xeradoras de ruído nocturno e se declaren as rúas máis conflitivas do casco histórico como zona acusticamente saturada», din.

Tamén preguntarán no pleno desta tarde se existe un plan para combater a avespa velutina, que supón un problema e á vez unha ameaza para a saúde pública. Amais pide que se graven os plenos e se suban á web.