Un sindicato di que no centro de saúde de Viveiro soportan temperaturas de entre 29 e 31 graos


viveiro / la voz

CIG Saúde A Mariña denuncia que o centro de saúde de Viveiro está rexistrando este verán unha temperatura media de entre 29 e 31 graos centígrados en determinadas consultas. O sindicato afirma que esa situación incumpre a normativa legal vixente sobre as máximas autorizadas «non só nun centro asistencial senón en calquera lugar de traballo». Para a CIG, «esta excesiva calor, que supera o máximo estimado para o risco de tensión térmica (a partir de 27 graos), está a afectar a traballadores, pacientes e usuarios, e lembra que existe un risco potencial de desmaio por estas altas temperaturas». Asegura que a Xerencia Lugo-Cervo-Monforte é «coñecedora polas canles oficiais» de que os profesionais levan anos demandando una solución para unha situación que se repite.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

Un sindicato di que no centro de saúde de Viveiro soportan temperaturas de entre 29 e 31 graos