Nove casetas na Feira do Libro de Viveiro, do 14 ao 18

La Voz

A MARIÑA

09 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 14 ao 18 de agosto • Xardíns Noriega Varela • De 12 a 14 horas, e de 18 a 22 horas (fin de semana e festivos, ata as 14.30) • A presentación de «Matar o heroe», de Adolfo Caamaño, Premio Vilar Ponte de Novela 2018 e que acaba de editar Galaxia, será o sábado 17, ás 20.00 horas, unha das citas máis destacadas da vixésimo terceira Feira do Libro de Viveiro. A cita foi presentada por Maricarmen Lage, propietaria da Librería Porta da Vila de Viveiro, membro da Federación de Libreiros de Galicia, e impulsora deste encontro «ineludible» na programación das patronais, como destacou a alcaldesa, María Loureiro. A feira abrirá o 14 ás 18 horas. Ás 19.30 horas terán lugar os pregóns: o infantil, a cargo de Carmen Basanta, alumna do colexio O Landro, e o de adultos, que ofrecerá Antía Yáñez, burelense «con moito futuro» que é autora de novelas como «Senlleiras» ou «O misterio de Torques de Burela». Lucas Requejo ofrecerá obradoiros infantís sobre comida, e haberá numerosas presentacións e sinaturas Interviñeron na presentación Marta Barreiro, pola Xunta, e Pilar Porto, pola Deputación, que financian a feira.