Touriñán pregoou con algo de chuvia a Feira Artesá dos Muíños

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Visitou os postos nunha cita na que Xacarandaina animou a sesión vermú

28 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O coñecido humorista e actor Xosé A. Touriñán pregoou onte a media mañá a Feira de Artesanía dos Muíños, en Mondoñedo, baixo a chuvia. Estivo acompañado pola alcaldesa, Elena Candia, e pola embaixadora da feira, Cecilia Pereira.

Touriñán visitou os postos de artesáns nos Muíños. Despois o grupo folk Xacarandaina animou a sesión vermú do mediodía. No mindoniense barrio dos Muíños houbo todo o día demostracións por parte dos artesáns, degustación pola tarde de cervexa Domenicus e unha demostración de cociña a cargo de Bruno Pena, de Horta da Paula. Pola tarde abriu o sol e permitiu gozar da festa.