«Cando me lían un conto para durmir, pensaba outros finais»

Irene Rega presentará hoxe na Casa do Mar de San Cibrao «Si me pierdo, búscame», a súa segunda novela


cervo / la voz

Si me pierdo, búscame é o título da segunda novela da escritora cervense Irene Rega, que será presentada este xoves ás 20.00 horas na Casa do Mar de San Cibrao, e que ao longo das súas case 300 páxinas desgrana a segunda parte de Si me pierdo, tú me encuentras, o seu primeiro libro. Edita Chiato Editorial. «Nel hai unha personaxe que se chama Flavia. Vive nunha familia privilexiada e non se dá conta do que pasa ao seu redor. Nel descobre algo do que pasa, en que clase de mundo vive e con que xente está. Neste segundo libro, dáse conta de que non era todo tan fácil como pensaba e ten que seguir loitando; e para todo iso descobre amigos e xente na que pode confiar, ou non», relata a autora, que con 23 anos acaba de rematar Maxisterio por Primaria. «Acabei hai unha semana o Máster. Prepararei as oposicións, e se me surxe algún traballo, pois tamén», adianta.

-Onde se desenvolve a trama desta novela?

-Nun país imaxinario, non é un lugar concreto, no que hai algo parecido a unha ditadura. O pai de Flavia era o xeneral e ela empeza a descubrir cousas.

-Desde cando escribe?

-É unha pregunta complicada porque xogaba coas bonecas e xa ía creando historias. A miña avoa líanos moitísimo, ecando me lían un conto para durmir, en lugar de pechalo e durmir, pensaba outros finais. Pero a escribir redactando empecei con 16 ou 17 anos.

-Onde vai estar á venda?

-Vaise poder comprar nas librerías e nas presentacións que faga. Teño cerradas a de hoxe e a de Muimenta, e estou xestionando para facelas tamén nas feiras do libro de Viveiro e Foz.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Cando me lían un conto para durmir, pensaba outros finais»