O BNG de Viveiro critica que «non haxa un plan para recuperar o parque de Covas»

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Denuncia la «falta de políticas municipais medioambientais»

14 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG de Viveiro critica que o concello «non teña un plan de recuperación do parque Pernas Peón en Covas». Tamén informan que presentaron unha proposta no concello para o seu posterior debate en pleno: «O parque Pernas Peón -expoñen- foi durante décadas un espazo verde, humanizado, de descanso e ocio para varias xeracións de Viveiro, e que deixou de selo tanto pola falta de políticas municipais medioambientais como polas actuacións realizadas sen ningún tipo de estudo nin planificación dende hai ano e medio. Dende o BNG queremos que o parque Pernas Peón sexa de novo un espazo verde e de ocio para uso da veciñanza, polo que o pasado día 10 de xullo solicitamos ao Concello de forma oficial, o proxecto de rehabilitación do parque que o Goberno Municipal ten mencionado tanto na prensa. E constatamos, unha vez máis, que non existe tal proxecto e que as accións levadas a cabo foron totalmente improvisadas e carentes de asesoramento especializado», indica Miriam Bermúdez, concelleira do BNG, que considera «lamentábel que non haxa plan de recuperación do parque».