El Sergas dice que la falta de especialistas impide hacer sustituciones en Foz y Viveiro

s. c. / d. g. VIVEIRO / FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Explica que «se están a facer todos os esforzos posibles para cubrir as ausencias de médicos titulares»

11 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

CIG Saúde y otras asociaciones critican que no se cubran las bajas médicas este verano en los centros de salud de Foz y de Viveiro, lo que provoca mayor tiempo de espera.

Ante esta situación desde el Servicio Galego de Saúde, Sergas, explicaban ayer que la falta de especialistas está impidiendo realizar sustituciones. «Tanto no caso do centro de saúde de Foz como no de Viveiro a situación é semellante. Non hai subsitutos nas listas de contratación, nin de pediatría nin de médicos de familia, un problema xeneralizado en toda España, como é sabido. O Sergas está a facer todos os esforzos posibles para cubrir todas as ausencias que se producen nestes centros de saúde, ao igual que nos demais, empregando, como dixemos, todas as opcións ao noso alcance, ben con substitucións (sempre que é factible), ben con prolongación de xornada».

«No centro de saúde de Viveiro estase a substituír todo o que se pode, recurrindo a todas as fórmulas posibles (substitucións, prolongacións...) -añaden desde el Sergas-. Ante situacións puntuais de ausencias non previstas, a dificultade é maior, dada a falta de especialistas. Ademais, como no caso de Foz, a maiores, durante os meses de verán o Centro de Saúde de Viveiro conta cun facultativo máis para a atención dos pacientes desprazados nesta época do ano».

Persoal de tarde en Foz

«No que atinxe ao profesional da quenda de tarde do centro de saúde de Foz -señala el Sergas-, explicar que a súa ausencia tamén foi cuberta sempre que foi posible, con todas as opcións que temos ao noso alcance (ben con substitucións ou ben con prolongación de xornada), coa fin de manter e garantir a calidade da atención. Dito profesional optou a un concurso de traslados, ao que ten dereito como calquera outro traballador, que o Principado de Asturias resolvou en pleno verán, facendo máis difícil atopar substitutos, xa que é o momento do ano no que máis dificultades se producen, ao estar moitos traballadores en plenas vacacións e precisándose máis subtitutos que en calquera outro momento do ano. Con todo e elo, insistir en que foi substituido e que se están a facer todos os esforzos posibles por cubrir esta e outras ausencias, con todas as posibilidades que o Sergas ten ao seu alcance».

Hospital

«Dicir, unha vez máis, que o Hospital da Mariña non cerrou ningunha cama durante os meses de verán. As únicas camas non operativas (12) son as que están afectadas polas obras de ampliación e renovación integral que realiza o Sergas neste centro, cun investimento de 14 millóns», dicen.