El colectivo Por Nuestro Faro denuncia ante el fiscal que se prohíba el acceso a Illa Pancha

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

FOTO MIGUEL

«Solo pode ser visitada polos usuarios do faro hotel, cando a licencia pon que o acceso é libre»

26 jun 2019 . Actualizado a las 22:01 h.

El colectivo “Por Nuestro Faro” denuncia ante la fiscalía del Juzgado de Mondoñedo «o impedimento do acceso dos veciños e visitantes á Illa Pancha, que só pode ser visitada polos usuarios dos apartamentos turísticos do faro hotel», señalan.

«Nós, os representantes do noso colectivo, consultamos o expediente de concesión da licencia de actividade tras recurrir á Valedora do Pobo de Galicia ao negarse o alcalde durante cinco meses a autorizar a consulta do devandito expediente. Despois de recurrir a lei de Transparencia e denunciar o caso diante da Valedora, o Concello viuse obligado a facilitarnos a documentación. A sorpresa foi maiúscula ao comprobar que a licencia estaba concedida dende o día 1 de decembro de 2017 ca condición expresa de que a porta da illa debería estar aberta para o libre acceso de veciños e visitantes, e así consta en diferentes documentos técnicos oficiais, tanto do Concello como da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao», explican.

«O paso seguinte, pola nosa banda, foi poñer os feitos en coñecemeto da opinión pública e mesmo cumplir o trámite de notificarllo pr escrito ao alcalde por duas veces e con rexistro de entrada, concretamente os días 11 de abril e 8 de maio do ano actual. Como vén sendo habitual o alcalde non respostou ou fíxose que non se daba por enterado. De seguido agardamos mes e medio, e o día 24 de xuño formalizamos a denuncia por escrito na fiscalía engadindo os documentos máis significativos que avalían os feitos denunciados», expresan.

«Estamos diante dunha grave eiva democrática no Concello de Ribadeo: algunhas persoas que pagan unha habitación nos apartamentos turísticos da Illa Pancha poden visitar a illa accedendo por medio dun código de entrada facilitado pola empresa concesionaria, mentras os cidadáns deben quedarse na porta».