Recepción no Concello de Burela ás heroínas da Copa da Raíña

s. c. / d. g. BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Ramiro Fernández e Alfredo Llano calificaron a conquista de «fito histórico»

21 jun 2019 . Actualizado a las 22:20 h.

O Concello de Burela ofreceu onte unha recepción ao Pescados Rubén Burela FSF tras gañar o pasado domingo a Copa da Raíña.

O equipo recibiu unha placa conmemorativa do que o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, cualificou como fito histórico, e dixo que Burela é un referente deportivo en España grazas ao fútbol sala.

O edil explicou que «desde o Concello de Burela, concretamente desde a Concellería de Deportes, quixemos facer un recoñecemento a estas heroínas que temos aquí en Burela que veñen de gañar a Copa da Raíña». No acto participou tamén o alcalde de Burela, «e fixémoslles entrega dunha placa para que teñan de recordo deste fito histórico que veñen de facer. Como vimos

facendo habitualmente, sempre que hai un éxito deportivo de calquera dos equipos que temos aquí no noso pobo, queremos recoñecer todo o traballo e

esforzo que fan os clubs e os xogadores e xogadoras para conseguilos. É un pequeno recoñecemento desde o Concello, que eu penso que é positivo e que os clubs agradecen”, sinalou o concelleiro de Deportes.

Apoio aos infantiles da SD

Pola tarde Ramiro Fernández trasladouse ata Ribeira «a celebrar outro éxito, alí se xogan o ascenso á liga galega os infantís da SD Burela. O apoio ao deporte é importante», abondou.