Escalando portos a 35 graos de temperatura para animar as doazóns de órganos

La Voz

A MARIÑA

CEDIDA

O novo reto de Santi Chao, viveirense transplantado de corazón

20 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

«Recordade facervos donantes», destacaba este mércores Santi López Chao sobre o reto en bici Lannion-Viveiro que completa para fomentar a doazón. Tras saír de Francia, este veciño de Viveiro transplantado de corazón pedalea polo Camiño Norte. «Puido ser un dos días de bici máis duros da miña vidas. Quizás subestimamos de máis o Camiño Norte, xa que puxemos os mesmos quilómetros que na Velodysse, e isto non ten nada que ver. Segundo saímos de Irún xa tocou un porto de 450 metros de altitude, e despois así todo o día arriba e abaixo, ata acumular case 2000 metros positivos. Todo isto entraba dentro do normal, pero non cos 35 graos de temperatura que tivemos boa parte de día», dixo.