Destacada participación do Egovarros nos campionatos galego e de España

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

O pasado sábado celebrouse o Campeonato Galego e Campeonato de España de veteranos de media maratón, con saída en Ortigueira (A Coruña ) e meta en Cariño (A Coruña ), cunha excelente organización por parte da Federación Galega de Atletismo e cunha masiva participación de atletas chegados de toda España.

O bo tempo axudou ó desenrolo da proba cun percorrido rompe pernas, no que os atletas tiveron que facer un gran esforzo para acadar a liña de meta.

Medallistas femininas

Por parte dos atletas do C.D.Egovarros-Viveiro os medallistas nas distintas categorías foron: en W60, Begoña de Arriba foi subcampeona de España e subcampeona galega, en W60, Elisa Paz foi campeona galega, en W55, Manuela Guisáosla foi tamén campeona galega, e en W40, Silvia Díez fíxose coa medalla de bronce no campeonato galego.

O equipo masculino

No apartado masculino, en M55, Emilio Martínez foi campeón galego e cuarto no campeonato de España, en M60,

Emilio Toral foi medalla de bronce no campeonato galego.

O equipo femenino acadou a

medalla de bronce no campeonato galego por equipos. Outros compañeiros estiveron a punto de subir ó podium, como na categoría de M65, Eliseo López que foi cuarto no campeonato galego e en M55, Rufino Fernández foi sexto no campeonato galego.

Excelente participación, por tanto, dos atletas do clube viveirense que está desenvolvendo unha gran labor na promoción e práctica do atletismo en Viveiro e na Mariña logrando grandes éxitos.