«Son candidato á alcaldía porque os veciños así mo pediron»

Alfonso Fuente, do PP, aposta por seguir mellorando servizos e lamenta que o BNG «quixera facer do desprestixio de Barreiros a súa bandeira política»


BARREIROS / LA VOZ

Alfonso Fuente Parga, rexedor de Barreiros desde o ano 2005, foi candidato á alcaldía no 2007, no 2011 e no 2015, e repite de novo nesta convocatoria do 26 de maio.

?Como son as campañas en Barreiros?

?A campaña acostuma a ser tranquila e estamos visitando as casas e ás familias. Isto non o facemos só durante a campaña, pero sí que é certo que estes días o facemos con máis intensidade. A xente de Barreiros nunca quixo sobresaltos, hai demandas de cousas, pequenos arranxos... Todo o mundo é coñecedor de que os servizos se prestan con garantías. Podería destacar desta campaña como diferente que os veciños poden visualizar claramente que, cando o BNG decidiu xudicializar a vida política deste concello, estivemos practicamente amarrados de mans e de pés nestes últimos anos ata que saiu a sentenza absolutoria. Foi unha victoria de todo o pobo, de todo o concello. Xa levamos varios anos e xa pasamos por outras citas electorais e o concello sempre lle deu o respaldo a este equipo de goberno, do PP. Iniciamos ese cambio de imaxe que nunca debeu ser manchada.

?Cales son os piares do programa electoral do PP?

?Seguir mellorando todos os servizos. Falando da gardería, hai que ser consciente de que é municipal, asi que os veciños poden disfrutar deste servizo, mentres que noutros concellos coa mesma poboación carecen del. Con respecto ao abastecemento de auga, a cantidade e a calidade mellorou nestes últimos 15 días tras un investimento dun millón de euros. No servizo de axuda a domicilio contamos con máis de vinte persoas traballando, o que nos permite que os veciños non teñan que abandonar as súas vivendas. Si estas persoas tiveran que ir a un centro de día ou a unha residencia terían que afrontar un custe moito máis elevado e algunhas pensións non chegan.

?Estes días de campaña comentánlle os veciños algo do procedemento e da sentenza xudicial?

?Si, falamos dela. O que si me gustaría precisar é que si esta sentenza non saíra, non tería sido agora candidato. Se son candidato á alcaldía foi porque os veciños así mo pediron. Moitos entenden que tanto nós como as nosas familias e os nosos achegados tivemos que sufrir moito en todo este proceso.

?Hai uns días instaban aos promotores a concluír edificios en catro meses. Houbo xa reaccións?

?Este días xa se iniciou a limpeza de varias fincas e moitos deles xa se puxeron en contacto cos servizos municipais. Estes edificios sufriron esta paralización xudicial e toda vez que saiu a sentencia, hai que tomar unha decisión: ou van rematar ou van derribar. Con respecto á mala imaxe que se quixo dar de Barreiros, o BNG local quixo facer do desprestixio de Barreiros a súa bandeira política.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Son candidato á alcaldía porque os veciños así mo pediron»