«Nun debate electoral público a xente vería quen ten programa e quen ... palabrería»

María Cuadrado Fernández
M. CUADRADO BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Manuel Rouco, candidato do PP á alcaldía de Burela: «Estes días estamos volvendo visitar aos veciños para plantexarlles solucións aos problemas que nos comentaron»

21 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Manuel Rouco, o candidato co que o Partido Popular aspira a recuperar a alcaldía de Burela, segue recorrendo todos os barrios do municipio. Volta aos lugares que xa visitou hai tempo e nos que conversou cos burelenses para saber cales eran as súas necesidades: «Estes días estamos volvendo visitar aos veciños para plantexarlles solucións aos problemas que nos plantexaron».

?As últimas visitas aos veciños fixéronlles reconsiderar ou reordenar as prioridades do programa electoral do PP?

?Non, porque como xa nos levabamos reunindo con eles desde que fun elixido presidente da xestora, xa contemplabamos as súas demandas. Sobre esas visitas polos barrios que están facendo agora algúns partidos dicir que nós xa levamos tempo facéndoas.

?Cales son as prioridades do seu equipo?

?É principal o proxecto de xestión do día a día; o de manter as farolas en bo estado, o de garantir servizos básicos, o dun bo mantemento dos servizos, o de suprimir as barreiros arquitectónicas... O de garantir que na Moncloa (local social dos xubilados do mar) non se volvan quedar sen auga. Chamáronnos para ver se podíamos mediar e desde Portos dixéronnos que non teñen inconvinte, pero a responsabilidade é do Concello. E se falamos de proxectos grandes, insisto constantemente no polígono industrial. Burela é o único concello que non o ten e hai empresas que se están asentando noutros concellos. Tamén está o problema da estación depuradora de augas, que é totalmente insuficiente para Burela. No mitin do domingo, no que participou a conselleira, xa tocamos este tema e as sensacións son boas.

?Boas sensacións, en que sentido?

?De momento non podemos dicir máis. Pero hai algo.

?O domingo coa conselleira, hai uns días co presidente de Portos... xa foi adiantando visitas...

?Portos xa foi facendo cousas que se lle pediron e o resto vainas ir cumprindo. A limpeza de fondos na zona de atraque xa se fixo. Desde a conversa co presidente de Portos xa sabemos que se vai incluir na fase do martelo de abrigo unha intervención para facilitar o atraque, a revisión de todas as escaleiras de gato, a colocación de norais intermedios... O acondicionamento de rúas do peirao, a reparación da carpintería da Moncloa.... todo se está tramitando.

?Reclama a celebración dun debate electoral público en Burela...¿por que?

?Eu estaría encantando, sempre e cando participen todos os partidos. A xente vería realmente quen ten programa, quen ten feitos e quen... palabrería.

?De que se lle queixan máis os veciños?

?Din que o alcalde ten moi boas palabras, pero que non fixo absolutamente nada do que ía facer.