O Sergas licitará 833.000 euros máis para o hospital de Burela

La Voz BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

19 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Servizo Galego de Saúde ten en fase de licitación 833.044 euros para a compra de equipos e mobiliario novo para o Hospital Público da Mariña. En concreto, serán destinados á compra de equipos de sinais biomédicas, equipamento electromédico, endoscopias, equipamentos de refrixeración e máis mobiliario de hospitalización para a segunda fase das obras que se están a executar no centro hospitalario situado en Burela. Esa partida virá a sumarse, segundo indican desde o Sergas, aos 1.251.065 euros que xa foron executados para a adquisición de material que permitirá renovar «case por completo» o mobiliario do centro hospitalario e moitos dos seus equipos electromédicos, como os dos servizos de oftalmoloxía e farmacia. Tamén se compraron xa novos equipos de endoscopia.