O PSOE esixe paralizar xa o contrato do 061

La Voz FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Alcaldes da Mariña, socialistas, reclaman unha ambulancia medicalizada en condicións á Xunta

14 may 2019 . Actualizado a las 21:39 h.

Os alcaldes e alcaldesas dos Concellos de Alfoz, Burela, Lourenzá, Ourol, A Pontenova, Trabada, O Valadouro e Viveiro amosaron este martes o seu rexeitamento ao novo contrato ofertado polo Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para os servizos de transporte sanitario terrestre, no que se recolle a supresión dun TES (Técnico de Emerxencias Sanitarias) para a ambulancia medicalizada de Foz, sendo a única das 10 existentes en Galicia que sufrirá un recorte de persoal.

Tras o recorte a dotación humana só estará formada por un TES, un Médico e un DUE, o que representa unha eiva que debilita significativamente a capacidadede resposta de tan importante recurso. Como alcaldes e alcaldesas denunciamos que se trata dunha decisión arbitraria, que carece de valoración técnica e que discrimina inxustificadamente á Mariña Lucense.