O Galp A Mariña-Ortegal leva investidos 9,8 millóns en 59 proxectos

Queren reforzar a presentación de proxectos do sector pesqueiro


VIVEIRO / LA VOZ

O Galp A Mariña Ortegal apoiou nos dous últimos anos a promotores da zona con máis de 3,2 millóns de euros de axuda. Isto supuxo unha execución financeira do 56,7 % do orzamento total destinado ao programa para todo o período. Este programa de Acción Costeira supuxo que se mobilizasen en total case 9,8 millóns de euros na zona, «en 59 proxectos aprobados».

Cabe destacar que destes 59, 24 estiveron asociados á xeración de valor engadido dos produtos pesqueiros e a melloras no sector pesqueiro, 18 abordaron a diversificación cara a outras actividades produtivas e o resto estiveron relacionados co ámbito ambiental, patrimonial e da mellora da gobernanza do sector. «Cómpre resaltar -engaden- o alto nivel de financiamento de actividades de carácter produtivo, 45 dos 59 proxectos, que permitiron a posta en marcha de 17 novas empresas na zona e a xeración de máis de 45 postos de traballo».

Desde o Galp queren reforzar a presentación de proxectos do sector pesqueiro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O Galp A Mariña-Ortegal leva investidos 9,8 millóns en 59 proxectos