Ribadeo saca a licitación o proxecto de mellora do estadio Pepe Barrera por 421.000 euros

s. c. RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

As empresas interesadas teñen 20 días para presentar as súas ofertas técnicas

10 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Ribadeo saca a licitación o proxecto de mellora do céspede do campo de fútbol municipal Pepe Barrera. As obras terán un custo de 421.000 euros e as empresas interesadas en realizalas dispoñen de 20 días naturais para presentar as súas ofertas técnicas e económicas.

O alcalde, Fernando Suárez, subliñou «que se trata dunha actuación moi demandada e necesaria para a práctica do fútbol por parte do Ribadeo FC e da SD Ribadeo. Hoxe pensamos que é un moi bo día para o deporte en xeral, e para o fútbol en particular, porque, maila ás dificultades e aos paus nas rodas, damos resposta a unha unánime petición, ao longo deste mandato, de todos os grupos da Corporación, debido ao estado de deterioro do campo de fútbol Pepe Barrera. A situación do Pepe Barrera esixía unha solución, porque este terreo non permitía xogar nin con comodidade nin con seguridade, e era un desastre».