Trabada esgotou máis de mil racións na Festa da Enfariñada

La Voz TRABADA / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

05 may 2019 . Actualizado a las 18:52 h.

Trabada celebrou este domingo cun grande éxito a Festa da Enfariñada, na que se venderon máis de mil racións desta receita tradicional. Antes das dúas da tarde estaban esgotadas todas as cuncas. A alcaldesa, Marya García, destaca o traballo e a implicación das mulleres e homes da Asociación de Mulleres Rurais Marco da Pena Verde así como do Club Trabada Fustal. Estaba previsto que o concerto de Susana Seivane pechase a cita.