Viveiro rende unha «xusta e merecida homenaxe» a Bujados

Lucía Rey
Lucía Rey VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Pepa Losada

Onte inaugurouse na biblioteca unha mostra de bosquexos, poemas e documentos do creador viveirense

04 may 2019 . Actualizado a las 21:18 h.

Biblioteca Municipal de Viveiro • Ata o 2 de xuño •?Como un «debuxante con moitas facianas diferentes, pero complementarias» definiu este sábado o cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, a Manuel Bujados Fernández (Viveiro, 1889- Arxentina, 1954), de quen se inaugurou a exposición «Bujados: bosquexos, poemas e documentos», que se poderá visitar ata o vindeiro 2 de xuño na Biblioteca Municipal de Viveiro.

Legado Museo Provincial

A mostra fundaméntase no legado que María Luisa Blasco Bujados, sobriña do artista, entregou ao Museo Provincial de Lugo no 2016, e inclúe unha colección de apuntamentos, bosquexos e debuxos orixinais dun home que emigrou á Arxentina sendo un neno, e que comezou a súa actividade artística publicando poesía, contos e novelas curtas. Logo de participar en distintas exposicións, Bujados é considerado como «o principal representante do modernismo sensual» e foi comparado con debuxantes como Aubrey Bearsley (ilustrador das obras de Oscar Wilde). A alcaldesa, María Loureiro, destacou que a exposición «rende unha xusta e merecida homenaxe» a unha figura significativa de Viveiro.