A próxima gran cita: a Festa da Troita da Pontenova

Isabel Blanco lerá o pregón, e competirán hasta oito campións do mundo de pesca


a pontenova / la voz

Van ser xa 41 anos da Festa da Troita da Pontenova, un dato que fala claro da relevancia deste evento, declarado Festa de Interese Turístico Galego e tamén de Interese Turístico Deportivo Nacional. A festa, que se celebrará o 30 de abril e o 1 de maio, foi presentada na Deputación (que colabora aportando 5.000 euros), polo presidente do ente provincial, Darío Campos, xunto ao tenente de alcalde de A Pontenova, Francisco Martínez Bermúdez, e o presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), Francisco Javier Rois.

A festa é moito máis que unha gran cita deportiva, na que participarán 130 pescadores de varias comunidades, incluíndo a oito campións do mundo, xa que transforma toda A Pontenova. De feito, na presentación do programa apuntouse que esperan que acudan unhas 10.000 persoas.

O programa abrirase o martes ás 14.00 horas coa sesión vermú a cargo de Costa Dorada. Ás 20.00 horas comezará a entrega das Troitas de Ouro; ás 21.00 horas a actriz e presentadora Isabel Blanco lerá o pregón. A continuación abriranse as casetas de degustación dos troitas e seguirá a verbena, con Anaconda e Costa Dorada.

O mércores 1 de maio, ás 9.00 horas darán comezo os concursos de pesca (lance, salmón e mosca) e a I Ruta de Sendeirismo Festa da Troita Vía Verde, novidade desta edición, de participación gratuíta sobre un percorrido de 12,5 quilómetros a carón do río pola antiga vía do tren mineiro, vendo ós pescadores en acción. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo na oficina de turismo de A Pontenova e no email turismo@concellodapontenova.org.

Solara tocará a macro sesión vermú, e ás 18.00 horas entregaranse os trofeos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A próxima gran cita: a Festa da Troita da Pontenova