Luís Villares defende en Viveiro a Alcoa «fronte aos que permiten a morte industrial da Mariña»

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

O coordinador xeral de Foz Plataforma de Futuro deixa a formación e únese á candidatura de En Marea

14 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Acompañado das candidatas ao Congreso e ao Senado Cristina Pérez Herraiz, Victoria Esteban e Manuel Germade, Luís Villares, voceiro de En Marea, compareceu este sábado en Viveiro «para defender Alcoa, para defender a industria e a todos os cidadáns da estafa da luz».

Nun acto celebrado no Conservatorio de Música, Luís Villares comprometeuse a seguir «defendendo os intereses dos consumidores fronte aos abusos das grandes empresas eléctricas». En Marea «traballará para que as factorías de Alcoa continúen funcionando e manteñan a totalidade dos seus postos de traballo». Adquire ese compromiso ao mesmo tempo que denuncia «a nefasta xestión de PP e PSOE, que durante anos priorizaron os intereses persoais en detrimento de toda a cidadanía, apostando polas portas xiratorias e permitindo a morte industrial da Mariña».

De FPF a En Marea Foz

Por outra banda, Javier Gil Cillero, ata agora coordinador xeral de Foz Plataforma de Futuro (FPF), renunciou a ese cargo para integrarse en En Marea Foz, sumándose á candidatura que encabezará Estefanía Otero Rivas. Gil lamenta que FPF no se integre na formación En Marea.