O PSOE de Foz presentou a lista «renovada» para o 26-M que lidera Fran Cajoto

A Casa da Cultura acolleu o acto no que se presentou a candidatura coa que os socialistas aspiran a recuperar o goberno local


Foz / La Voz

O candidato do PSOE á alcaldía de Foz, Francisco Cajoto, presentou este domingo a «candidatura renovada para ofrecerlle aos veciños un futuro mellor, coa que os socialistas aspirarán a recuperar o goberno local nas eleccións do vindeiro 26 de maio. O secretario xeral do PSOE na provincia, Álvaro Santos, ou o presidente da Deputación, Darío Campos, acompañaron a Cajoto no acto celebrado na Casa da Cultura. Completan os primeiros postos da lista: Héctor Moris Fernández, Acela Verónica Peña Castiñeira, Ana Matea Rojo Eijo, José María Linares Rodríguez, Inés López Couto, Carlos García Rodríguez ou María Milagros Louzán García.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O PSOE de Foz presentou a lista «renovada» para o 26-M que lidera Fran Cajoto