Fernando Suárez repetirá como candidato á alcaldía de Ribadeo polo BNG

L.R. RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Na lista presentada este domingo continúa Mari Luz Álvarez como número 2 e causan baixa Ana Martínez ou Vicente Castro

07 abr 2019 . Actualizado a las 17:13 h.

Desapareceu a incógnita e Fernando Suárez repetirá como candidato do BNG á alcaldía de Ribadeo. Así se anunciou este domingo nun acto no Parador de Turismo de Ribadeo, no que interviu a portavoz nacional da organización frentista, Ana Pontón, que afirmou: «No BNG presumimos moito de Ribadeo e poñémolo como refrente pois podemos dicir con xustiza que todas as transformacións importantes que melloraron esta vila chegaron da man do BNG no goberno municipal». Na cita deuse a coñecer o nome dos integrantes da lista que encabezará o actual rexedor. Como número dous continuará Mari Luz Álvarez Lastra, seguida de Pablo Vizoso Galdo, Mónica Freire Rancaño, Jesús Mundiña Acebo, Pilar Otero Cabarcos, Jorge Díaz Freije, Marcos Villamil González, Vanesa Yanes Rivas, David Rivas Peña, Sonia Meilán Vizoso, Xosé Farruco Graña Rama ou Andrea Martíns Fernández. Entre as baixas significativas destacan a dos actuais concelleiros Ana Martínez e Vicente Castro.