O conselleiro Francisco Conde estivo en Viveiro e amosouse 'moi preocupado' por Alcoa

Participou nun acto con máis representantes do PP


viveiro / la voz

Os candidatos ao Congreso Jaime de Olano e Joaquín García Díez, e ao Senado, José Manuel Barreiro, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañados do candidato á alcaldía en Viveiro, Óscar Rodríguez, e doutros cargos orgánicos do Partido Popular, puxeron de relevo na reunión que mantiveron con case un cento de asistentes na localidade viveirense, entre os que se atopaban coñecidos empresarios locais e da Mariña, a importancia de que o Goberno central dea unha solución aos sectores das electrointensivas e forestal.

O conselleiro de Industria trasladou que, polo que respecta á planta mariñá de Alcoa, «estamos moi preocupados, xa que quen ten unha chave para atopar unha solución é o presidente do Goberno, e esta pasa por establecer un prezo eléctrico competitivo», sinalou Conde.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

O conselleiro Francisco Conde estivo en Viveiro e amosouse 'moi preocupado' por Alcoa