A FCAM organizará unha nova campaña en xuño para «darlle visibilidade ao comercio local»

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

03 abr 2019 . Actualizado a las 21:00 h.

A Federación de Comercio A Mariña acordou realizar unha campaña para promocionar e «darlle visibilidade ao comercio local durante o vindeiro mes de xuño». Segundo explicou o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, a iniciativa será presentada nos últimos días de maio e estará nas redes sociais, a prensa, a radio, o cine e a televisión. Colaborarán nela a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo.

Nesa liña, a FCAM agradeceu a colaboración do xornalista Pedro Madera na reportaxe realizada para a revista Marca Motor recentemente, «e na que achegou a nosa comarca a máis de cen mil persoas». Madera fixo un percorrido entre Ribadeo e O Vicedo no que propón visitar distintos lugares de interese da comarca, como a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz; ou os portos de Nois, Burela, Celeiro ou O Vicedo. Tamén fala da faba de Lourenzá e alude a establecementos comerciais como Panadería Torviso, Casa Damián, A Lonxa, Casa Chao ou Galipizza.

A federación explica que Madera realizou outra reportaxe para mylifeplanet.com con saída desde o río Eo e remate en Estaca de Bares. O xornalista definiu a costa de Lugo «como unha colección de lugares donde la vida se disfruta con otro ritmo». Paleo indicou que Madero está pendente de publicar a nivel nacional outra reportaxe sobre as áreas de estacionamento e servizos para autocaravanas. «Un turismo que vai en alza na Mariña», sostivo.

Posibilidades turísticas

Os membros da federación consideran importante promocionar «o noso comercio e as nosas posibilidades turísticas» aquí na Mariña, pero tamén «vender as nosas excelencias a nivel autonómico ou estatal». «Se queremos recibir xente durante a maior parte do ano, deberemos traballar neste sentido», abondaron. Na xuntanza tamén se acordaron as liñas orzamentarias para o 2019.