Gonzalo Caballero, César Mogo e María Loureiro, co comité de empresa de Alcoa

s. c. / d. g. SAN CIBRAO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Culpan á pasividade do PP no Goberno nos últimos años de non facer nada pola industria

02 abr 2019 . Actualizado a las 20:44 h.

O candidato do PSOE pola provincia de Lugo ao Senado, César Mogo, a Vicesecretaria de Relacións Institucionais da Executiva Provincial e alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantiveron este martes un encontro con traballadores da planta de Alcoa en San Cibrao.

César Mogo, mariñano do Valadouro, asesor de Pedro Sánchez, explicou que «como fixemos sempre, hoxe estamos apoiando aos traballadores de Alcoa, escoitándoos e explicándolles a posición e o traballo que estamos a levar a cabo dende o PSOE. Queremos seguir falando con eles e intercambiando opinións porque entendemos a súa inquietude aínda que sabemos que non está en cuestión a viabilidade da planta de Alcoa de San Cibrao».

«Todos os nosos esforzos, empezando polo Goberno Central, estiveron enfocados nos traballadores e en salvar os seus empregos. Todas as medidas que se refiren ás fábricas da Coruña e Avilés, buscando novas inversións ou paralizando o ERE, son produto da nova política industrial do Executivo do Estado», señaló.

«Estamos nunha fase moi importante, o estatuto dos consumidores electrointensivos. O PSOE no Goberno Central ofrece respostas realistas ás crises industriais que se plantexan e que teñen que ver cos avances e a revolución tecnolóxica. O PP está intentando sacar rédito político dos problemas industriais polos que non fixo nada», concluyó.