Gonzalo Caballero: «Sánchez subiu as pensións e eliminou o copago»

«Feijóo esquece os avances do Goberno socialista», dixo o secretario xeral do PSOE

d. g.
alfoz / la voz

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou onte varios municipios da Mariña lucense en compañía da alcaldesa

de Lourenzá, Rocío López; os alcaldes de Alfoz, O Valadouro e Burela, Jorge Val, Edmundo Maseda e Alfredo Llano; o candidato ao Senado por Lugo, César Mogo, e a deputada autonómica Patricia Otero, entre outros membros do partido na Mariña.

O líder dos socialistas galegos puxo o foco na situación dos pequenos municipios, que sofren «desatención e abandono» por parte da Xunta, para esixir a Feijóo que «poña a cabeza» nos carencias do medio rural tanto en materia de infraestruturas coma de solo industrial e de servizos públicos.

Así se manifestou Gonzalo Caballero antes de participar na concentración en defensa da sanidade pública en Burela, dende a convicción de que os pequenos concellos de Galicia son «unha cuestión de futuro», e reclamou a Núñez Feijóo que dea alternativas que permitan revitalizar o medio rural.

Fronte a isto, o máximo dirixente do PSdeG recordou que os socialistas «temos un proxecto de Goberno para a maioría, como ten demostrado Pedro Sánchez, quen en nove meses permitiu que os galegos e as galegas vexan a importancia de ter un Goberno de esquerdas».

Gonzalo Caballero afeou as críticas de Feijóo: «Mentres o Goberno socialista subiu as pensións, eliminou o copago farmacéutico, aumentou a protección dos autónomos, deu garantías aos desempregados de larga duración…, Feijóo vive na súa realidade e di que a Galicia vaille mal».

«Cando ataca ao Goberno socialista, Feijóo é un jetas que se esquece dos avances do Goberno socialista para os pensionistas, para os desempregados e para os que cremos na educación e na sanidade públicas e só pensa no PP e nos intereses de Casado en pactar coa ultradereita», dixo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Gonzalo Caballero: «Sánchez subiu as pensións e eliminou o copago»